sábado, 28 de abril de 2012

 
   Juan Canalejo e o culto á violência do fundador da Falange na Corunha
  Galiza - Antifascismo e anti-racismo Publicado em Quarta, 17 Novembro 2010 01:00 ? More Sharing Services [Image] [Image]Galiza - ANT - [X. Enrique Acunha] Recordamos o texto publicado por Xosé Enrique Acunha no semanario 'A Nosa Terra' (nº 1.194 ), do 20 de outubro do 2005 ao redor de Xoán Canalejo."Primera línea" era un grupo clandestino e armado dentro da propia Falange joseantoniana ideado para realizar accións terroristas contra organización de esquerdas e frontepopulistas. Foi Juan Canalejo quen artellou os primeiros comandos violentos na Coruña á altura de 1934. Facilmente identificado polas forzas de seguridade republicanas como autor de actos vándálicos e de terror contra persoas de significación progresista, foi detido e ingresado nese ano na prisión provincial na que, coa axuda dos funcionarios de prisións correlixionarios, os falanxistas presos publican e distribúen fóra da cadea o xornal falanxista Entre rejas.O culto á violencia é unha norma básica e estratéxica para os homes de Canalejo. A dirección do grupo terrorista da Coruña viña compartila con Redondo Piquenque e na súa estrutura estaban integrados algúns dos que, dous anos despois, se significarían nos asasinatos dos máis sinalados líderes obreiros, de esquerda e galeguistas.Todo comezara en 1931 cando na Escola de Comercio da Coruña un grupo de estudantes, fillos de rancias familias da cidade, estabeleceron contacto por medio dun deles, Henrique Sáez, coas JONS fascistizantes de Ramiro Ledesma Ramos.Xa en 1934, un tenente de intendencia afectado por aquela denominada Lei Azaña que tentara limitar o tamaño excesivo do exército español, tan desproporcionado a conta da guerra colonial no Rif, volta á Coruña e conecta co grupo que nacera na Escola de Comercio. Tratábase de Juan Canalejo Castells e, claro é, converteuse en decisivo ao achegar os seus coñecementos militares e sobre armamento, en particular.Xa como activista da Falange, ofrécese ás autoridades gobernativas, cando os feitos de Asturias de outubro dese ano, para lles facer fronte aos folguistas coruñeses. Pediu armas para atacar os manifestantes e piquetes obreiros, mais a súa sinistra proposición foi rexeitada polos dereitistas no poder. Poucos días despois, Canalejo irrompe, xunto a Xosé Docampo, nun mitin de Manuel Azaña provocando disturbios logo de saíren pistolas a relucir. Unha acción que tería continuidade cando unha escuadra ás súas ordes asalta o Casino Republicano para roubar a bandeira constitucional do Estado. Deixan no seu lugar unha enseña do seu partido falanxista e saúdan ao xeito fascista ante a presenza da garda civil. Canalejo é detido xunto a outro conmilitón, Henrique García Grande, por estes feitos.As seccións de asalto da falanxe coruñesa contaban coas incorporacións procedentes de familias da burguesía local, e para as súas actividades clandestinas servíanse dun grupo de apoio de mulleres entre as que sobresaían Ricarda Canalejo, primeira muller afiliada á Falange local, e Antonia Naia. Son as que gardan as armas e serven de enlaces das accións violentas.O grupo de Canalejo chega a abrir un local no número 28 da rúa da Barreira que estaba presidido por un mural no que baixo o epígrafe de "¡Viva España!" figuraban o xugo e as flechas da Falange superpostos por unha caveira cal culto á morte. Desde esas datas abre a organización fascista unha intensa formación militar dirixida polo propio Canalejo en acampamentos clandestinos. Mesmo chégase a executar unha exhibición de tiro na praia de Bastiagueiro ante o mesmísmo Ledesma Ramos. Alí estaban os Canalejo, Folla, Laciana, Paz Santás, Sanz de Andino, Díaz Seoane, Lorenzo Salgado, López Prado e Henrique Sáez... até completaren os case 30 militantes cos que contaba a Falange coruñesa en disposición de utilizar a loita armada. Canalejo, co ferrolán López Suevos, é o xefe máximo dunha organización que tiña o grupo denominado Silencio, no que figura Francisco Pena Manso, destinado ás accións máis violentas.O roubo dos ficheirosEn xuño de 1935 penetra na sede de Izquierda Republicana da Coruña, e subtrae o ficheiro dos seus afiliados. Unha acción deseñada polo mesmísimo Canalejo a fin de buscarlle réditos futuros e perversos. "La próxima revolución la ganarán mis camisas azules con el fusil en la mano", afirmaba José Antonio Primo de Rivera con coñecemento de causa en marzo de 1935 logo de visitar na Coruña a Canalejo. Os fusís dos que falaba xa se estaban a mover desde os cuartos de bandeiras e organizacións como a Falange. E moitas desas armas apuntarían, logo de xullo do 36, sobre os que foron sinalados desde as fichas roubadas polo grupo armado de Canalejo no local do partido de Santiago Casares Quiroga e Azaña.A clara opción por crispar e violentar a vida política espállase por toda Galiza. Grupos da Falanxe en Ourense, Vigo, Vilagarcía e Pontevedra, afianzan as ordes emanadas desde Madrid e Coruña por José Antonio e Canalejo. Buhigas en Vilagarcía, Veleiro en Ourense, Castro Pena en Pontevedra e Gustavo Kruckenberg en Vigo foron detidos pola súa implicación en diversos actos contra a orde constitucional e, no xaneiro de 1936, o propio Canalejo foi ingresado en prisión por uns días. Pasadas as eleccións de febreiro que lle concederían o triunfo á Fronte Popular, vai ser reclamado e destinado a Madrid para quedar á disposición directa de José Antonio Primo de Rivera en tarefas de coordinación das accións armadas e dos preparativos do próximo alzamento militar.Mentres, na Coruña, as súas escuadras, agora puntualmente dirixidas por Carlos Colmeiro Laforet, insisten no matonismo sobre as organizacións obreiras e de mocidade. Neste campo destacan camaradas formados por Canalejo como Ovidio Caamaño, Antonio Canalejo, Martínez Almoyna, Lorenzo Salgado Longueira e Antonio Roldán.Unha "ximnasia" terrorista que tería concreción cando achegados a Canalejo —caso de Mariño e Casteleiro, entre outros— foron partícipes decisivos de moitas das execucións sumarias e clandestinas efectuadas na cidade da Coruña logo do golpe de estado militar de 1936.Canalejo, dada a súa acreditada condición e formación militar, ocupaba á altura de maio do 36 un posto decisivo de enlace entre os mandos da Falanxe e a trama militar que estaba a piques de sublevar as guarnicións militares de toda a península e do norte de África. Á vez, como especialista nas accións armadas, a súa man quedou tras o deseño de moitos dos incidentes violentos que se desenvolveron en Madrid nas xornadas previas ao alzamento militar de xullo. Unha asonada que na capital fracasou e leva novamente a Canalejo ao cárcere. O seu nome foi dos escollidos o 6 de novembro de 1936 para ser asasinado logo dunha "saca" irregular da Cadea Modelo de Madrid. Diário Liberdade  Notícias relacionadas:Fascistas atacam símbolos da memória histórica antifranquista no cemitério de Ourense - 15/04/2012 15:03 Vestem de Entruido a Cruz franquista de Vigo - 19/02/2012 17:07 Boicote estudantil rebenta homenagem ao fascista Manuel Fraga na Universidade de Compostela - 15/02/2012 :05 Obituário com hurras - 31/01/2012 12:41 Fraga, esse dinossauro - 28/01/2012 17:55  Uniom Libertária lembrou em Ferrol as vítimas do franquismo - 21/11/2010 15:42  'É mais fácil estudar o extermínio da guerrilha na Etiópia que a repressom franquista no Salnês' - Telmo Comesanha: 'A cruz dos Caídos fai apologia do terrorismo' -